29 mar 2020

ACTIVIDADE ARTÍSTICA PARA INFANTIL E PRIMARIA, semana 3: actividade única.

Ola rapaciñas/os, que tal imos levando estes días na casa? Espero que todas/os encontredes ben, que é o mais importante, e estedes disfrutando deste tempo tan especial coas vosas familias. 

Para esta semana imos facer algo diferente, xa que é a última antes das vacacións e de que empece o 3º trimestre. Esta semana só faremos unha actividade, imos crear unha radio. Dependendo de cantos alumnas/os participedes poderemos crear un ou varios podcast (programa de radio), o ideal sería que participedes todas/os e así crear un podcast por aula.

A vosa parte consistirá en gravar un audio e envialo ao email alumnarte@gmail.com, e a miña en pegar todos eses audios e facer o podcast. Sempre que sexa posible, o audio gravarase en galego.

¿De que podedes falar? Primeiro de todo tedes que presentarvos, dicir quen sodes e en que curso estades, despois podedes falar sobre:

Mandar saúdos en diferentes linguas (decir cales).
Investigar sobre instrumentos folclóricos e contalo.
Contar cousas bonitas que fixéchedes no cole este trimestre.
Saúdos a compañeiros, amigas/os, mestras/es, familia,...
Contarnos algo do que estades facendo estes días.
Recomendacións de actividades, lecturas, música, receitas,...
Gravarvos tocando algún instrumento ou cantando.
Ler algún poema.
Das actividades que vos apetece facer no próximo trimestre.
Contar algunha adeviña.
Contar que será o primerio que fagades cando voltedes ao cole.
etc.

E por último... non vos esquezades da despedida! ;-)



A NOSA LISTA DE REPRODUCIÓN MUSICAL

Ola rapaciñas/os, por aquí vos deixo a lista de cantigas recomendadas por vós mesmos/as. 

Ir a YouTube


Ir a YouTube


Ir a YouTube


Podedes escoitalas directamente en YouTube cliqueando nos enlaces superiores.

Tamén vos deixo outras recomendacións que fixeron para spotify ou que directamente non se poden anclar a unha lista de reprodución por políticas de YouTube, desta forma aínda que non estén na lista, poderedes escoitalas. 

Saúdos e a disfrutar do traballado. 

INFANTIL

1º, 2º DE PRIMARIA


3º, 4º DE PRIMARIA


5º Y 6º DE PRIMARIA

22 mar 2020

ACTIVIDADES PLÁSTICAS PRIMARIA, semana 2: elexir alomenos unha das seguintes actividades propostas.

O NOSO RETRATO EN COLLAGE
Un collage é unha técnica artística que consiste en pegar diferentes materiales (papel, tea, lentellas, tallarines,...) sobre un soporte que pode ser un folio, unha cartulina, un cartón,...

Para facer o noso retrato en collage segue os seguintes pasos:

1. Reúne todos os materiais que vaiades a utilizar para pegar. 

2. Ten a man pegamento/cola, tesoiras, lápis e goma.

3. Elixe o soporte para facer o voso retrato. Se utilizas cartón, podes pegar un folio branco enriba ou pintalo para darlle un cor diferente ao fondo do retrato.

4. Antes de comezar a pegar debuxa cun lápis o teu retrato, é dicir, debuxa a túa cabeza, pescozo e parte dos ombros. Revisa de que non falten detalles como as orellas, o nariz, as cellas,...

5. Unha vez remates de debuxarte co lápiz podes empezar a pegar. Pensa nos cores, nas formas e nas texturas do teu material, dependendo desto podes decidir onde pode quedar mellor pegar ese material en concreto.

Aquí tedes algúns exemplos:

Pinchar aquí para ir.
Sacade unha foto das vosas creacións e enviádeas ao email alumnarte@gmail.com .



LETTERING OU A ARTE DE DEBUXAR PALABRAS
Elixe algunha das seguintes propostas de abecedario (ou busca ti unha que che guste mais) e debuxa o teu nome seguindo a forma das letras. Podedes utilizar unha folla pautada, cuadriculada ou punteada para que vos sexa mais doado.

Cando remates envía unha foto do traballo ao email alumnarte@gmail.com .










ACTIVIDADES MUSICAIS PARA INFANTIL E PRIMARIA, semana 2: elexir alomenos unha das seguintes actividades propostas.

EXPLORA OS SONS DA TÚA CASA
1. Busca diferentes obxectos na túa casa que produzan sons distintos (non valen instrumentos musicais).

2. Explora cada un deles tocándoos de todas as formas posibles para sacarlle todos os sons que poidas; podes utilizar outros obxectos a modo de baquetas (bolis, culleres, paus,...)

3. Escolle os teus tres obxectos preferidos.

4. Para rexistrar a actividade podes facer algunha das seguintes propostas, ou ben facelas todas:
-Gravarte ou que te graven tocando os teus instrumentos (sería o ideal).
-Sacarlle unha foto aos teus instrumentos.
-Gravar un audio dicindo cales son os teus instrumentos preferidos e/ou tocándoos para escoitar o        seu son.
-Facer unha táboa ou lista (en papel ou dixital) dos teus descubrimentos, onde escribas o nome do        obxecto, cómo o estás tocando e unha descrición do son que produce.

5. Comparte os teus descubrimentos a través do email alumnarte@gmail.com .

                   ---------x---------

Os mais peques da casa podedes facer a actividade anterior ou ben a seguinte adaptación:

No seguinte vídeo podedes xogar a adiviñar que sonido da casa, da cidade ou da granxa está sonando.
Pinchar aquí para ir.





ESCOITA E APRENDE UNHA CANCIÓN
Escolle unha das seguintes cantigas propostas.
Para valorar a vosa actividade debedes enviar algunha evidencia ao email alumnarte@gmail.com . Pode ser por exemplo:
-Un audio ou vídeo cantando e bailando.
-Enviar un texto ou audio contando que cantiga elexíchedes e se vos resultou fácil/difícil e por que.
-Enviar fotos do proceso.
-Etc.

Dime que fixeches (Migallas).
Pinchar aquí para ir.

Eu teño alguén no meu corazón (María Fumaça).
Pinchar aquí para ir.

Palos y claves (La Bombocova).
Pichar aquí para ir.






15 mar 2020

ACTIVIDADES PLÁSTICAS PRIMARIA, semana 1: Elexir alomenos unha das seguintes actividades propostas.

Hola a todos e todas. A idea durante as próximas semanas é realizar actividades que nos sirvan para reforzar as nosas competencias, pero tamén que nos permitan seguir partillando entre nós e desa forma seguir estando preto uns doutros, xa que agora pasará algún tempo antes de volver a vernos na escola. 


REALIZACIÓN DUN BODEGÓN
Preme no enlace da seguinte imaxe para ir directamente ao espazo virtual de aprendizaxe, onde aprenderedes que é un bodegón en pintura, veredes algúns exemplos e se vos plantexará unha actividade artística. 

Pinchar aquí para ir

Este espazo educativo é moi fácil de usar, somentes debedes clicar no primeiro cadrado de texto e seguidamente darlle a frecha que aparece a vosa dereita para seguir avanzando na exposición.

As vosas creacións debedes envialas como imaxe ao email alumnarte@gmail.com. As imaxes recibidas compartiranse nunha próxima publicación. Non esquezades poñer o voso nome e curso no asunto do email.

ORIGAMI
Aquí vos deixo unha serie de vídeos que porán a proba a vosa destreza co papel. Están ordenados por niveis de dificultade pero vos animo a realizar mais dun.

NIVEL FÁCIL: barco de papel.
Pinchar aquí para ir

NIVEL MEDIO: osos. 


NIVEL DIFÍCIL: ras.
NIVEL INFERNAL: grulla.
Pinchar aquí para ir

NIVEL MÁSTER DEL UNIVERSO: bolas florais.
Pinchar aquí para ir.

Se queredes darlle un toque orixinal as vosas creacións, podedes pintar o papel a utilizar antes de facer a papiroflexia. Tamén podedes utiliza papel de regalo, sugus, periódico,...

As vosas creacións debedes envialas como imaxe ao email alumnarte@gmail.com. As imaxes recibidas compartiranse nunha próxima publicación. Non esquezades poñer o voso nome e curso no asunto do email.

ACTIVIDADES MUSICAIS PARA INFANTIL E PRIMARIA, semana 1: Debemos realizar alomenos unha das actividades propostas.


Hola a todos e todas. A idea durante as próximas semanas é realizar actividades que nos sirvan para reforzar as nosas competencias, pero tamén que nos permitan seguir partillando entre nós e desa forma seguir estando preto uns doutros, xa que agora pasará algún tempo antes de volver a vernos na escola.

CREACIÓN DA NOSA PROPIA LISTA DE REPRODUCIÓN MUSICAL.
A nosa primeira actividade será pensar nunha cantiga que nos gusta e sexa axeitada para compartir con todos os nosos compañeiros e compañeiras da clase.

Seguidamente a buscaremos en YouTube. É moi importante que a cantiga exista nesta plataforma, pois a utilizaremos para facer a nosa lista de reprodución.



A continuación gravaremos un audio ou escribiremos o por que da nosa elección ou razón de querer partillar esa cantiga cos demais. Os audios ou razóns escritas debemos envialos ao email alumnarte@gmail.com, xunto co link da nosa canción.  Non esquezades poñer o voso nome e curso no asunto do email.

En canto teña as vosas suxerencias de cantigas, subirei as listas de reprodución por aula en este mismo blogue.



INSTRUMENTOS MUSICAIS RECICLADOS
A actividade consiste en realizar un instrumento musical con material reciclado que teñades na casa: caixas, tubos de cartón, gomas elásticas, ovos tipo "kinder sorpresa", paus, botellas, latas,...

Aquí vos deixo algunhas ideas, pero podedes atopar moita mais información na rede.


Pincha aquí para ir

Para poder compartir as vosas creacións co resto de compañeiros e ecompañeiras do cole, debedes enviar unha foto ao correo alumnarte@gmail.com.  Non esquezades poñer o voso nome e curso no asunto do email. E... ollo piollo! durante estas semanas coidade ben do voso instrumento, pois faremos unha exposición á volta.