O NOSO RETRATO EN COLLAGE
Un collage é unha técnica artística que consiste en pegar diferentes materiales (papel, tea, lentellas, tallarines,...) sobre un soporte que pode ser un folio, unha cartulina, un cartón,...
Para facer o noso retrato en collage segue os seguintes pasos:
1. Reúne todos os materiais que vaiades a utilizar para pegar.
2. Ten a man pegamento/cola, tesoiras, lápis e goma.
3. Elixe o soporte para facer o voso retrato. Se utilizas cartón, podes pegar un folio branco enriba ou pintalo para darlle un cor diferente ao fondo do retrato.
4. Antes de comezar a pegar debuxa cun lápis o teu retrato, é dicir, debuxa a túa cabeza, pescozo e parte dos ombros. Revisa de que non falten detalles como as orellas, o nariz, as cellas,...
5. Unha vez remates de debuxarte co lápiz podes empezar a pegar. Pensa nos cores, nas formas e nas texturas do teu material, dependendo desto podes decidir onde pode quedar mellor pegar ese material en concreto.
Aquí tedes algúns exemplos:
Pinchar aquí para ir. |
Sacade unha foto das vosas creacións e enviádeas ao email alumnarte@gmail.com .
LETTERING OU A ARTE DE DEBUXAR PALABRAS
Elixe algunha das seguintes propostas de abecedario (ou busca ti unha que che guste mais) e debuxa o teu nome seguindo a forma das letras. Podedes utilizar unha folla pautada, cuadriculada ou punteada para que vos sexa mais doado.Cando remates envía unha foto do traballo ao email alumnarte@gmail.com .
No hay comentarios:
Publicar un comentario