22 mar 2020

ACTIVIDADES MUSICAIS PARA INFANTIL E PRIMARIA, semana 2: elexir alomenos unha das seguintes actividades propostas.

EXPLORA OS SONS DA TÚA CASA
1. Busca diferentes obxectos na túa casa que produzan sons distintos (non valen instrumentos musicais).

2. Explora cada un deles tocándoos de todas as formas posibles para sacarlle todos os sons que poidas; podes utilizar outros obxectos a modo de baquetas (bolis, culleres, paus,...)

3. Escolle os teus tres obxectos preferidos.

4. Para rexistrar a actividade podes facer algunha das seguintes propostas, ou ben facelas todas:
-Gravarte ou que te graven tocando os teus instrumentos (sería o ideal).
-Sacarlle unha foto aos teus instrumentos.
-Gravar un audio dicindo cales son os teus instrumentos preferidos e/ou tocándoos para escoitar o        seu son.
-Facer unha táboa ou lista (en papel ou dixital) dos teus descubrimentos, onde escribas o nome do        obxecto, cómo o estás tocando e unha descrición do son que produce.

5. Comparte os teus descubrimentos a través do email alumnarte@gmail.com .

                   ---------x---------

Os mais peques da casa podedes facer a actividade anterior ou ben a seguinte adaptación:

No seguinte vídeo podedes xogar a adiviñar que sonido da casa, da cidade ou da granxa está sonando.
Pinchar aquí para ir.





ESCOITA E APRENDE UNHA CANCIÓN
Escolle unha das seguintes cantigas propostas.
Para valorar a vosa actividade debedes enviar algunha evidencia ao email alumnarte@gmail.com . Pode ser por exemplo:
-Un audio ou vídeo cantando e bailando.
-Enviar un texto ou audio contando que cantiga elexíchedes e se vos resultou fácil/difícil e por que.
-Enviar fotos do proceso.
-Etc.

Dime que fixeches (Migallas).
Pinchar aquí para ir.

Eu teño alguén no meu corazón (María Fumaça).
Pinchar aquí para ir.

Palos y claves (La Bombocova).
Pichar aquí para ir.






No hay comentarios:

Publicar un comentario