15 mar 2020

ACTIVIDADES MUSICAIS PARA INFANTIL E PRIMARIA, semana 1: Debemos realizar alomenos unha das actividades propostas.


Hola a todos e todas. A idea durante as próximas semanas é realizar actividades que nos sirvan para reforzar as nosas competencias, pero tamén que nos permitan seguir partillando entre nós e desa forma seguir estando preto uns doutros, xa que agora pasará algún tempo antes de volver a vernos na escola.

CREACIÓN DA NOSA PROPIA LISTA DE REPRODUCIÓN MUSICAL.
A nosa primeira actividade será pensar nunha cantiga que nos gusta e sexa axeitada para compartir con todos os nosos compañeiros e compañeiras da clase.

Seguidamente a buscaremos en YouTube. É moi importante que a cantiga exista nesta plataforma, pois a utilizaremos para facer a nosa lista de reprodución.



A continuación gravaremos un audio ou escribiremos o por que da nosa elección ou razón de querer partillar esa cantiga cos demais. Os audios ou razóns escritas debemos envialos ao email alumnarte@gmail.com, xunto co link da nosa canción.  Non esquezades poñer o voso nome e curso no asunto do email.

En canto teña as vosas suxerencias de cantigas, subirei as listas de reprodución por aula en este mismo blogue.



INSTRUMENTOS MUSICAIS RECICLADOS
A actividade consiste en realizar un instrumento musical con material reciclado que teñades na casa: caixas, tubos de cartón, gomas elásticas, ovos tipo "kinder sorpresa", paus, botellas, latas,...

Aquí vos deixo algunhas ideas, pero podedes atopar moita mais información na rede.


Pincha aquí para ir

Para poder compartir as vosas creacións co resto de compañeiros e ecompañeiras do cole, debedes enviar unha foto ao correo alumnarte@gmail.com.  Non esquezades poñer o voso nome e curso no asunto do email. E... ollo piollo! durante estas semanas coidade ben do voso instrumento, pois faremos unha exposición á volta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario