25 may 2020

ACTIVIDADE GLOBALIZADA PARA INFANTIL E PRIMARIA (do 25 de maio ao 7 de xuño).

E chegamos ao final do noso proxecto! Durante estas derradeiras semanas viaxaremos por África e Asia descubrindo arte e idiomas.  Lembrade enviar evidencia ao email alumnarte@gmail.com da lista de actividades que podedes encontrar mais abaixo:
Infantil: alomenos unha evidencia.
Primaria: alomenos dous evidencias.

Clica aquí para ir.

Proposta de actividades para facer despois de visitar o mapa:

ÁFRICA
1-ARXELIA (Bereber): canta a canción en bereber.
2-EXIPTO: fai unha momia de ti mesmo. Exemplos no mapa (pintar, collage, plastilina, lá,...).
3-GUINEA ECUATORIAL: mascara africana. Vídeo con manualidade e plantilla no mapa.
4-CAMERÚN: baila e canta a letra.
5-KENIA (Kikamba): copia a partitura tal cual aparece e inventa e escribe no pentagrama segundo de cada renglón, un ritmo para acompañar a canción (dous pulsos por compás: podes utilizar negras, corcheas, brancas, semicorcheas e os seus silencios). Por último interpreta o ritmo con palmas.
6-SUDÁFRICA: Debuxa con rotuladores a unha persona africana con roupa que leve motivos xeométricos como os dos exemplos do mapa. 

ASIA
7-TURQUÍA: xoga cos dedos e canta.
8-CHINA: ilustra a primaveira inspirándote no poema chino.
9-INDIA: baila facendo os xestos que indica a canción.
10-TAILANDIA: faille un video clip á araña, onde apareza bailando. No mapa tes ideas para facer a túa araña. O ideal sería suxeitar cun pau o colgar dun fío a araña, para facer que baila diante da cámara mentres soa música.
11- INDONESIA: interpreta a partitura cun instrumento musical (pode ser un piano virtual).
12-XAPÓN: practicamos o arte da caligrafía xaponesa facendo un paipai sinxelo e escribindo a palabra hikari (luz). Tedes exemplos no mapa.


10 may 2020

ACTIVIDADE GLOBALIZADA PARA INFANTIL E PRIMARIA (do 11 ao 24 de maio).

ARTE NOS CINCO CONTINENTES.

Xa estamos na seguinte sesión do noso proxecto artístico. Nesta ocasión visitaremos dous continentes novos: América e Oceanía. Lembrade enviar evidencia ao email alumnarte@gmail.com da lista de actividades que podedes encontrar mais abaixo:
Infantil: alomenos unha evidencia.
Primaria: alomenos dous evidencias.


Proposta de actividades para facer despois de visitar o mapa:

AMÉRICA DO NORTE
1-CANADÁ - POBO INUIT: recicla os roios de papel hixiénico e fai un tótem con eles.
2-EE.UU.: grávate xogando ao Bim Bum.
3-EE.UU. - POBO CHEROQUI: grávate cantando a canción de benvida.
4-HAWAI: fai un colar de flores hawaiano.
AMÉRICA CENTRAL
5-MÉXICO: fai un collage dunha caveira mexicana.
6-GUATEMALA (CULTURA MAYA): construe con pinzas, cubos,... unha pirámide Maya de base cadrada.
AMÉRICA DO SUR
7-COLOMBIA: grávate xogando ás palmas.
8-PERÚ (CULTURA INCA): inventa unha coreografía para a cantiga en quechua.
9-BOLIVIA: interpreta a partitura coa túa voz ou con un isntrumento musical.
10-ARXENTINA: debuxo unha palabra ao estilo "fileteado".
11: BRASIL: pinta un cadro dun gato ou corazón como os de Romero Britto.

OCEANÍA
12-PAPÚA NOVA GUINEA (POBO SEPIK): fai a túa propia máscara Sepik e fotografía te con ela.
13-AUSTRALIA: grávate cantando a canción.
14-NOVA ZELANDA: fai un debuxo sobre a Paz e o Amor.