25 may 2020

ACTIVIDADE GLOBALIZADA PARA INFANTIL E PRIMARIA (do 25 de maio ao 7 de xuño).

E chegamos ao final do noso proxecto! Durante estas derradeiras semanas viaxaremos por África e Asia descubrindo arte e idiomas.  Lembrade enviar evidencia ao email alumnarte@gmail.com da lista de actividades que podedes encontrar mais abaixo:
Infantil: alomenos unha evidencia.
Primaria: alomenos dous evidencias.

Clica aquí para ir.

Proposta de actividades para facer despois de visitar o mapa:

ÁFRICA
1-ARXELIA (Bereber): canta a canción en bereber.
2-EXIPTO: fai unha momia de ti mesmo. Exemplos no mapa (pintar, collage, plastilina, lá,...).
3-GUINEA ECUATORIAL: mascara africana. Vídeo con manualidade e plantilla no mapa.
4-CAMERÚN: baila e canta a letra.
5-KENIA (Kikamba): copia a partitura tal cual aparece e inventa e escribe no pentagrama segundo de cada renglón, un ritmo para acompañar a canción (dous pulsos por compás: podes utilizar negras, corcheas, brancas, semicorcheas e os seus silencios). Por último interpreta o ritmo con palmas.
6-SUDÁFRICA: Debuxa con rotuladores a unha persona africana con roupa que leve motivos xeométricos como os dos exemplos do mapa. 

ASIA
7-TURQUÍA: xoga cos dedos e canta.
8-CHINA: ilustra a primaveira inspirándote no poema chino.
9-INDIA: baila facendo os xestos que indica a canción.
10-TAILANDIA: faille un video clip á araña, onde apareza bailando. No mapa tes ideas para facer a túa araña. O ideal sería suxeitar cun pau o colgar dun fío a araña, para facer que baila diante da cámara mentres soa música.
11- INDONESIA: interpreta a partitura cun instrumento musical (pode ser un piano virtual).
12-XAPÓN: practicamos o arte da caligrafía xaponesa facendo un paipai sinxelo e escribindo a palabra hikari (luz). Tedes exemplos no mapa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario