27 abr 2020

ACTIVIDADE GLOBALIZADA PARA INFANTIL E PRIMARIA (do 27 de abril ao 8 de maio).

ARTE NOS CINCO CONTINENTES.

Este breve proxecto nos leva de viaxe pola cultura artística de cinco continentes: Europa, América, Asia, Oceanía e África.  Repasaremos e reforzaremos de xeito globalizado temas xa vistos durante o 1º e 2º trimestre deste curso e relacionados co proxecto de centro “Persoas iguais, linguas diversas".

O proxecto se desenvolverá ao longo de tres publicacións neste blogue. As publicacións do proxecto serán colgadas no blogue cada dúas semanas a partir de agora.

Lembramos ás familias e aos nenos máis autónomos que as evidencias das tarefas deben ser enviadas a través do correo dun adulto (pai, nai ou tutor a cargo).

Empezamos???

Para ir quecendo motores vos propoño que vexades este concerto didáctico titulado "Un viaxe polas músicas do mundo", dura 50 minutos, así que si queredes podedes velo en varias tandas:


Agora sí, tócanos facer as maletas virtuais que nos imos de viaxe. Navega polo mapa de Europa e pica nos iconos rosados para acceder ás propostas artísticas.

Unha vez visites os 8 iconos, vos propoño unha serie de actividades, das que debedes escoller alomenos 2 para enviar como evidencias ao email alumnarte@gmail.com

Pica aquí para ir ao mapa interactivo.
Envía alomenos 2 evidencias da seguinte
proposta de actividades para facer despois de visitar o mapa.
1. ESPAÑA: grávate cantando ou xogando en parellas coa rima chocochocolala.

2. ALEMANIA: grávate imitando a un músico da orquesta (violinista, frautista, pianista,...) mentres sona a 5ª Sinfonía de Beethoven.

3. FRANCIA: debuxa ao crocodilo sendo o teu amigo. Que nome tería o teu novo amigo?

4. RUSIA: grávate facendo o xogo de mans ruso.

5. NORUEGA: inventa unha letra nova para a nosa cantiga de cumpreanos feliz.

6. INGLATERRA: constrúe o teu propio monumento megalítico; podes utilizar as cartas dunha baralla, pinzas da roupa, pezas de dominó, vasos de prástico,...

7. GRECIA: faite unha foto imitando a pose de lanzar o prato.

8. HOLANDA: fai o teu propio Mondrian utilizando cadrados e/ou rectángulos de cores.

19 abr 2020

ACTIVIDADES MUSICAIS PARA INFANTIL E PRIMARIA (do 20 ao 24 de abril).

PRIMARIA
Elexide alomenos algunha destas dúas actividades. Non esquezades enviar algún tipo de evidencia (vídeo, audio, foto, texto, debuxo...) da realización da actividade ao email alumnarte@gmail.com.

Actividade 1:
Como a pasada semana fixemos o noso monstro en plástica, durante esta semana en música vos propoño que lle escribades unha letra que rime e despois, simplemente cantádea.
Podedes utilizar os instrumentos musicais de refugallo que fixéchedes o mes pasado para acompañar a vosa canción, tamén podedes inventar a vosa propia melodía ou facela rapeando. 
O rap é cantar rimas con moito ritmo, aquí vos deixo un exemplo do que é un rap:

Pica aquí.


Actividade 2:
Vos propoño que experimentedes co laboratorio musical de google chrome. Podedes facer experimentos co son, o ritmo, a melodía, instrumentos... e cousiñas un pouco mais complexas como os armónicos, pero non teñades medo de experimentar, son xogos moi intuitivos!

Pica aquí.




INFANTIL
Elexide alomenos algunha destas dúas actividades. Non esquezades enviar algún tipo de evidencia (vídeo, audio, foto, texto, debuxo...) da realización da actividade ao email alumnarte@gmail.com.

Actividade 1:
Vos propoño unha pequena obra de teatro musical para nenos de 30 minutos de duración, adaptada do álbum ilustrado "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". 

Pica aquí.

Actividade 2:
Tamén podedes facer a seguinte coreografía. Estade atentos, porque hai bailarín moi simpático que as veces lle sae un chisco de fogo pola boca... cousas que pasan ;) sabedes xa de quen se trata? 
Practicade moito!!

Pica aquí.



ACTIVIDADES PLÁSTICAS PARA PRIMARIA (do 20 ao 24 de abril).

Vos propoño unha mesma actividade á que mais tarde podedes engadirlle a vosa creatividade e personalizar.
Imos facer pasta de sal!
Cando rematedes podedes facer a escultura que queirades, tan só debedes deixala secar ao sol durante un par de días para que a masa se endureza.

Non esquezades enviar algún tipo de evidencia (vídeo, audio, foto, texto, debuxo...) da realización da actividade ao email alumnarte@gmail.com.

Pica aquí.

Se non tedes colorante alimenticio, podedes darlle cor a vosa masa engadindolle a auga o que se coñece co nome de "pigmentos naturais" e que seguro encontrades na cociña (como a cúrcuma ou o zume de remolacha), ou ben disolver un pouco de témpera, tinta ou acuarela na auga.

E lembrade, esta masa non se come! Así que os que teñades irmáns pequenos na casa, é importante que a deixedes lonxe do alcance dos pequerrechos.

13 abr 2020

ACTIVIDADE MUSICAL PARA INFANTIL E PRIMARIA (Do 14 ao 17 de abril))

Xa estamos de volta e damos comenzo a un novo trimestre un tanto distinto pero imos sacarlle todo o partido que poidamos, que de seguro é moito.

Unha vez que experimentes cos recursos que vos deixo a continuación, podedes enviar evidencia a través dun texto, debuxo, vídeo ou audio, dicindo ou expresando se che gustou ou non e por que. Coma sempre, debedes envialo ao email alumnarte@gmail.com.

Por último, non me esquezo! O voso Podcast estará rematado ao longo desta semana, así que estade atentos ás novidades desde blogue, que o colgaremos por aquí.


INFANTIL
Vos propoño que coa axuda e supervisión dun adulto descarguedes unha app no móbil ou tableta e que xoguedes a tocar os diferentes instrumentos que aparecen.

Para Android (esta app é a miña preferida):

Para Apple:

PRIMARIA
Para os maiores vos propoño que escoitedes os sons dos últimos bosques tropicais do planeta. Para eso tedes que acceder ao seguinte link.


Acceder ao audio pode ser un pouco complexo así que vos deixo unha explicación dos pasos a seguir a través de capturas de pantalla:

Unha vez que entres no link...





Recomendación, se utilizades un ordenador ou portátil de apple pode dar problemas para visualizar a pista (non así unha tableta con IOS, onde somentes tedes que poñela en vertical) polo que recomendo acceder dende un teléfono/tableta android ou ordenador con outro sistema operativo, tipo windows.

ACTIVIDADE PLÁSTICA PARA PRIMARIA (Do 14 ao 17 de abril))

Como estamos? Preparados para novos retos artísticos? COMEZAMOS!!

Durante estas pequenas vacacións descubrín unha web xenial sobre monstros, onde nenos pequenos debuxan os seus propios monstruos e artistas adultos reinterpretan baixo o seu propio estilo eses monstruos. Esta é a web: https://themonsterproject.org/monstergallery2019


A actividade que vos propoño é que debuxedes o voso propio monstro coa técnica ou técnicas que queirades (rotus, acuarelas, lápices, plastilina, collage,...) se queredes, podedes inspiraros no COVID-19 que é o becho feo que non nos deixa sair de casa a xogar e estar cos nosos amigos.
Só tedes que ter coidado nun par de cousas:

1-Debedes usar un folio enteiro, o monstruo que debuxedes debe ocupar todo ese espacio, pero deixando un par de dedos de distancia cos bordes do folio. Esto é importante para os vosos debuxos porque necesitamos eses espazos para que se vexan ben.


2-Cando rematedes o voso monstruo sacaredes unha foto para enviar evidencia da tarefa ao email alumnarte@gmail.com, pero é moi importante que gardedes ben a vosa ilustración, pois cando voltemos á escola faremos un libro para a nosa biblioteca con todos eses monstros.