ARTE NOS CINCO CONTINENTES.
Este breve proxecto nos leva de viaxe pola cultura artística de cinco continentes: Europa, América, Asia, Oceanía e África. Repasaremos e reforzaremos de xeito globalizado temas xa vistos durante o 1º e 2º trimestre deste curso e relacionados co proxecto de centro “Persoas iguais, linguas diversas".
O proxecto se desenvolverá ao longo de tres publicacións neste blogue. As publicacións do proxecto serán colgadas no blogue cada dúas semanas a partir de agora.
Lembramos ás familias e aos nenos máis autónomos que as evidencias das tarefas deben ser enviadas a través do correo dun adulto (pai, nai ou tutor a cargo).
Empezamos???
Para ir quecendo motores vos propoño que vexades este concerto didáctico titulado "Un viaxe polas músicas do mundo", dura 50 minutos, así que si queredes podedes velo en varias tandas:
Agora sí, tócanos facer as maletas virtuais que nos imos de viaxe. Navega polo mapa de Europa e pica nos iconos rosados para acceder ás propostas artísticas.
Unha vez visites os 8 iconos, vos propoño unha serie de actividades, das que debedes escoller alomenos 2 para enviar como evidencias ao email alumnarte@gmail.com
Pica aquí para ir ao mapa interactivo. Envía alomenos 2 evidencias da seguinte proposta de actividades para facer despois de visitar o mapa.
1. ESPAÑA: grávate cantando ou xogando en parellas coa rima chocochocolala.
2. ALEMANIA: grávate imitando a un músico da orquesta (violinista, frautista, pianista,...) mentres sona a 5ª Sinfonía de Beethoven.
3. FRANCIA: debuxa ao crocodilo sendo o teu amigo. Que nome tería o teu novo amigo?
4. RUSIA: grávate facendo o xogo de mans ruso.
5. NORUEGA: inventa unha letra nova para a nosa cantiga de cumpreanos feliz.
6. INGLATERRA: constrúe o teu propio monumento megalítico; podes utilizar as cartas dunha baralla, pinzas da roupa, pezas de dominó, vasos de prástico,...
7. GRECIA: faite unha foto imitando a pose de lanzar o prato.
8. HOLANDA: fai o teu propio Mondrian utilizando cadrados e/ou rectángulos de cores.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario