8 nov 2020

EDUCACIÓN ARTÍSTICA PRIMARIA Semana do 9 ao 13 de novembro

 TWISTER ARTÍSTICO DE RITMOS

Os propongo la siguiente actividad: Realizar un Twister con diferentes técnicas artísticas y después ponerlo en práctica con la ficha de ritmos. 

Cada ritmo hay que percutirlo con la mano encima del círculo con el color que le corresponda. Para jugar múltiples veces podeis cambiar el orden de los círculos.




Ejemplo de cómo podeis decorar los diferentes círculos. Podeis utilizar diferentes materiales con distintas técnicas y estilos, lo único que debeis tener en cuenta son los colores básicos del Twister para cada círculo.





Ficha de ritmos para jugar con el Twister. Al final de la ficha os sugiero que inventeis vuestros propios ritmos.

PARA 1º CICLO DE PRIMARIA
PARA 1º E 2º CICLO DE PRIMARIA

PARA 1º, 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA









VALORES 1º PRIM. Semana do 9 ao 13 de novembro

 Lee el siguiente poema y a continuación descarga la ficha para poder pintarla. Si no puedes, responde a las preguntas que se plantean en voz alta y después ilustra la escena de la selva.


La cebra y su vecino el elefante. Poema corto con valores:

Llegó a vivir a la selva
un elegante elefante
con fama de ser distante
y además muy arrogante.
 
Fue una cebra al poco tiempo
a la selva al mismo barrio
y comenzó a conocer
a todo su vecindario.
 
Vivía una mona mona
en un árbol muy cercano,
una jirafa muy chula
y un orangután enano.
 
Un lagarto muy lagarto,
un león y una culebra
y el elefante distante
casi al lado de la cebra.
 
Despertó la cebra un día
con fiebre y tos irritante
y el primero en ayudarla
fue el elefante arrogante.
 
Se hicieron buenos amigos
el elefante y la cebra
y tenerse de vecinos
cada día lo celebran.





MÚSICA INFANTIL Semana do 9 ao 13 de novembro de 2020.

                             ANI Y LA PLANTA DE ABICHUELAS




8 jun 2020

FINAL DE CURSO

Moitas grazas a todas e todos por participar no proxecto "Arte nos 5 continentes" e enviar tantas fotos e vídeos incribles e fermosos. Ao longo desta semana irei enviando os emails coa retroalimentación conxunta do proxecto.

Mentres e para rematar o curso, vos deixo unha serie de suxerencias de actividades para desfrutar e seguir pasandoo ben na casa. NON HAI QUE ENVIAR EVIDENCIAS.

  • Xogos de mímica sobre instrumentos musicais: xoga coa túa familia ao xogo de xestos para adiviñar que instrumento estás interpretando! Tamén está permitido imitar os sons! Podedes facer tarxetas con nomes de instrumentos. Outra variación é adiviñar letras de cancións, cantantes… 
  • “Pictionary” musical: en vez de xestos… debuxos! Adiviñar instrumentos musicais, cancións e todo tipo de cousas que se vos ocorran que teñan que ver coa música. Por certo, cando adiviñes un instrumento podes repasar a que familia pertence: 

Percusión: de madeira como as maracas, de metal como o triángulo, ou de parche como a pandeireta. 
Corda: fretada como o violín, ou punteada como a guitarra. 
Vento: de madeira como o clarinete ou de metal como a trompeta. 
Tecla: punteada como o piano, ou de vento como o acordeón. 
Eléctricos: como o teclado ou a guitarra eléctrica. 
Se non o sabes… investiga! 


  • Que instrumento soa?: intenta adiviñar que instrumentos soan nas túas cancións favoritas. Escoita con moita atención… Nalgunhas hai moitos instrumentos! Es capaz de escoitalos todos? 

  • Calidoscopio de mans: aquí tes un vídeo dun calidoscopio feito con mans. Inventa a túa propia coreografía de mans ou xoga coa túa familia. Segue o ritmo dunha canción! O resultado é un efecto óptico máxico! 

  • O piano xigante: atréveste a debuxar un piano xigante? Así podes cantar mentres tocas este superpiano! Aquí tes un vídeo da canción da “Pantera rosa” e podes ver o chulo que é. Podes colorealo e poñer os nomes das notas musicais nas súas teclas como nesta foto (lembra que a nota do está sempre á esquerda do grupo de dúas teclas negras). As notas musicais son infinitas, tanto ascendente (sons cada vez máis agudos) como descendente (sons cada vez máis graves). Podes facer as series de notas que queiras e facer mooooi largo o teu piano: do-re-mi-fa-sol-la-si-do-re-mi-fa-sol-la-si-do-re-mi-fa-sol-la-si-do-re-mi…
  • Música para o relax: 
  • Música para desfrutar:


VISITAS VIRTUAIS PARA MAIS DE 500 MUSEOS: Google Arts & Culture.
Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira: Altamira dende casa: bisontes para colorear
Museo Nacional de Artes Decorativas. Descargables. O museo na casa. Pezas para recortar e decorar: Mancerina e Pajarita.
Museo do Romanticismo: A casa romántica. Xogo recortable
Museo Sorolla. Materiais para pintar e colorear. Pinche aquí e aquí. Para ler. Para ver pinche aquí e aquí
Museo de América. Para disfrutar xogando. Pezas 3D no Museo de América
Museo Cerralbo. Especial familias, kit cerralbiano para peques: Carlino recortableQuero ser Samurai
Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Actividades #GiraEnTuCasa
Museo Nacional de Antropoloxía. Recortables e cociña antropolóxica







25 may 2020

ACTIVIDADE GLOBALIZADA PARA INFANTIL E PRIMARIA (do 25 de maio ao 7 de xuño).

E chegamos ao final do noso proxecto! Durante estas derradeiras semanas viaxaremos por África e Asia descubrindo arte e idiomas.  Lembrade enviar evidencia ao email alumnarte@gmail.com da lista de actividades que podedes encontrar mais abaixo:
Infantil: alomenos unha evidencia.
Primaria: alomenos dous evidencias.

Clica aquí para ir.

Proposta de actividades para facer despois de visitar o mapa:

ÁFRICA
1-ARXELIA (Bereber): canta a canción en bereber.
2-EXIPTO: fai unha momia de ti mesmo. Exemplos no mapa (pintar, collage, plastilina, lá,...).
3-GUINEA ECUATORIAL: mascara africana. Vídeo con manualidade e plantilla no mapa.
4-CAMERÚN: baila e canta a letra.
5-KENIA (Kikamba): copia a partitura tal cual aparece e inventa e escribe no pentagrama segundo de cada renglón, un ritmo para acompañar a canción (dous pulsos por compás: podes utilizar negras, corcheas, brancas, semicorcheas e os seus silencios). Por último interpreta o ritmo con palmas.
6-SUDÁFRICA: Debuxa con rotuladores a unha persona africana con roupa que leve motivos xeométricos como os dos exemplos do mapa. 

ASIA
7-TURQUÍA: xoga cos dedos e canta.
8-CHINA: ilustra a primaveira inspirándote no poema chino.
9-INDIA: baila facendo os xestos que indica a canción.
10-TAILANDIA: faille un video clip á araña, onde apareza bailando. No mapa tes ideas para facer a túa araña. O ideal sería suxeitar cun pau o colgar dun fío a araña, para facer que baila diante da cámara mentres soa música.
11- INDONESIA: interpreta a partitura cun instrumento musical (pode ser un piano virtual).
12-XAPÓN: practicamos o arte da caligrafía xaponesa facendo un paipai sinxelo e escribindo a palabra hikari (luz). Tedes exemplos no mapa.


10 may 2020

ACTIVIDADE GLOBALIZADA PARA INFANTIL E PRIMARIA (do 11 ao 24 de maio).

ARTE NOS CINCO CONTINENTES.

Xa estamos na seguinte sesión do noso proxecto artístico. Nesta ocasión visitaremos dous continentes novos: América e Oceanía. Lembrade enviar evidencia ao email alumnarte@gmail.com da lista de actividades que podedes encontrar mais abaixo:
Infantil: alomenos unha evidencia.
Primaria: alomenos dous evidencias.


Proposta de actividades para facer despois de visitar o mapa:

AMÉRICA DO NORTE
1-CANADÁ - POBO INUIT: recicla os roios de papel hixiénico e fai un tótem con eles.
2-EE.UU.: grávate xogando ao Bim Bum.
3-EE.UU. - POBO CHEROQUI: grávate cantando a canción de benvida.
4-HAWAI: fai un colar de flores hawaiano.
AMÉRICA CENTRAL
5-MÉXICO: fai un collage dunha caveira mexicana.
6-GUATEMALA (CULTURA MAYA): construe con pinzas, cubos,... unha pirámide Maya de base cadrada.
AMÉRICA DO SUR
7-COLOMBIA: grávate xogando ás palmas.
8-PERÚ (CULTURA INCA): inventa unha coreografía para a cantiga en quechua.
9-BOLIVIA: interpreta a partitura coa túa voz ou con un isntrumento musical.
10-ARXENTINA: debuxo unha palabra ao estilo "fileteado".
11: BRASIL: pinta un cadro dun gato ou corazón como os de Romero Britto.

OCEANÍA
12-PAPÚA NOVA GUINEA (POBO SEPIK): fai a túa propia máscara Sepik e fotografía te con ela.
13-AUSTRALIA: grávate cantando a canción.
14-NOVA ZELANDA: fai un debuxo sobre a Paz e o Amor.



27 abr 2020

ACTIVIDADE GLOBALIZADA PARA INFANTIL E PRIMARIA (do 27 de abril ao 8 de maio).

ARTE NOS CINCO CONTINENTES.

Este breve proxecto nos leva de viaxe pola cultura artística de cinco continentes: Europa, América, Asia, Oceanía e África.  Repasaremos e reforzaremos de xeito globalizado temas xa vistos durante o 1º e 2º trimestre deste curso e relacionados co proxecto de centro “Persoas iguais, linguas diversas".

O proxecto se desenvolverá ao longo de tres publicacións neste blogue. As publicacións do proxecto serán colgadas no blogue cada dúas semanas a partir de agora.

Lembramos ás familias e aos nenos máis autónomos que as evidencias das tarefas deben ser enviadas a través do correo dun adulto (pai, nai ou tutor a cargo).

Empezamos???

Para ir quecendo motores vos propoño que vexades este concerto didáctico titulado "Un viaxe polas músicas do mundo", dura 50 minutos, así que si queredes podedes velo en varias tandas:


Agora sí, tócanos facer as maletas virtuais que nos imos de viaxe. Navega polo mapa de Europa e pica nos iconos rosados para acceder ás propostas artísticas.

Unha vez visites os 8 iconos, vos propoño unha serie de actividades, das que debedes escoller alomenos 2 para enviar como evidencias ao email alumnarte@gmail.com

Pica aquí para ir ao mapa interactivo.
Envía alomenos 2 evidencias da seguinte
proposta de actividades para facer despois de visitar o mapa.
1. ESPAÑA: grávate cantando ou xogando en parellas coa rima chocochocolala.

2. ALEMANIA: grávate imitando a un músico da orquesta (violinista, frautista, pianista,...) mentres sona a 5ª Sinfonía de Beethoven.

3. FRANCIA: debuxa ao crocodilo sendo o teu amigo. Que nome tería o teu novo amigo?

4. RUSIA: grávate facendo o xogo de mans ruso.

5. NORUEGA: inventa unha letra nova para a nosa cantiga de cumpreanos feliz.

6. INGLATERRA: constrúe o teu propio monumento megalítico; podes utilizar as cartas dunha baralla, pinzas da roupa, pezas de dominó, vasos de prástico,...

7. GRECIA: faite unha foto imitando a pose de lanzar o prato.

8. HOLANDA: fai o teu propio Mondrian utilizando cadrados e/ou rectángulos de cores.

19 abr 2020

ACTIVIDADES MUSICAIS PARA INFANTIL E PRIMARIA (do 20 ao 24 de abril).

PRIMARIA
Elexide alomenos algunha destas dúas actividades. Non esquezades enviar algún tipo de evidencia (vídeo, audio, foto, texto, debuxo...) da realización da actividade ao email alumnarte@gmail.com.

Actividade 1:
Como a pasada semana fixemos o noso monstro en plástica, durante esta semana en música vos propoño que lle escribades unha letra que rime e despois, simplemente cantádea.
Podedes utilizar os instrumentos musicais de refugallo que fixéchedes o mes pasado para acompañar a vosa canción, tamén podedes inventar a vosa propia melodía ou facela rapeando. 
O rap é cantar rimas con moito ritmo, aquí vos deixo un exemplo do que é un rap:

Pica aquí.


Actividade 2:
Vos propoño que experimentedes co laboratorio musical de google chrome. Podedes facer experimentos co son, o ritmo, a melodía, instrumentos... e cousiñas un pouco mais complexas como os armónicos, pero non teñades medo de experimentar, son xogos moi intuitivos!

Pica aquí.




INFANTIL
Elexide alomenos algunha destas dúas actividades. Non esquezades enviar algún tipo de evidencia (vídeo, audio, foto, texto, debuxo...) da realización da actividade ao email alumnarte@gmail.com.

Actividade 1:
Vos propoño unha pequena obra de teatro musical para nenos de 30 minutos de duración, adaptada do álbum ilustrado "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". 

Pica aquí.

Actividade 2:
Tamén podedes facer a seguinte coreografía. Estade atentos, porque hai bailarín moi simpático que as veces lle sae un chisco de fogo pola boca... cousas que pasan ;) sabedes xa de quen se trata? 
Practicade moito!!

Pica aquí.



ACTIVIDADES PLÁSTICAS PARA PRIMARIA (do 20 ao 24 de abril).

Vos propoño unha mesma actividade á que mais tarde podedes engadirlle a vosa creatividade e personalizar.
Imos facer pasta de sal!
Cando rematedes podedes facer a escultura que queirades, tan só debedes deixala secar ao sol durante un par de días para que a masa se endureza.

Non esquezades enviar algún tipo de evidencia (vídeo, audio, foto, texto, debuxo...) da realización da actividade ao email alumnarte@gmail.com.

Pica aquí.

Se non tedes colorante alimenticio, podedes darlle cor a vosa masa engadindolle a auga o que se coñece co nome de "pigmentos naturais" e que seguro encontrades na cociña (como a cúrcuma ou o zume de remolacha), ou ben disolver un pouco de témpera, tinta ou acuarela na auga.

E lembrade, esta masa non se come! Así que os que teñades irmáns pequenos na casa, é importante que a deixedes lonxe do alcance dos pequerrechos.

13 abr 2020

ACTIVIDADE MUSICAL PARA INFANTIL E PRIMARIA (Do 14 ao 17 de abril))

Xa estamos de volta e damos comenzo a un novo trimestre un tanto distinto pero imos sacarlle todo o partido que poidamos, que de seguro é moito.

Unha vez que experimentes cos recursos que vos deixo a continuación, podedes enviar evidencia a través dun texto, debuxo, vídeo ou audio, dicindo ou expresando se che gustou ou non e por que. Coma sempre, debedes envialo ao email alumnarte@gmail.com.

Por último, non me esquezo! O voso Podcast estará rematado ao longo desta semana, así que estade atentos ás novidades desde blogue, que o colgaremos por aquí.


INFANTIL
Vos propoño que coa axuda e supervisión dun adulto descarguedes unha app no móbil ou tableta e que xoguedes a tocar os diferentes instrumentos que aparecen.

Para Android (esta app é a miña preferida):

Para Apple:

PRIMARIA
Para os maiores vos propoño que escoitedes os sons dos últimos bosques tropicais do planeta. Para eso tedes que acceder ao seguinte link.


Acceder ao audio pode ser un pouco complexo así que vos deixo unha explicación dos pasos a seguir a través de capturas de pantalla:

Unha vez que entres no link...





Recomendación, se utilizades un ordenador ou portátil de apple pode dar problemas para visualizar a pista (non así unha tableta con IOS, onde somentes tedes que poñela en vertical) polo que recomendo acceder dende un teléfono/tableta android ou ordenador con outro sistema operativo, tipo windows.

ACTIVIDADE PLÁSTICA PARA PRIMARIA (Do 14 ao 17 de abril))

Como estamos? Preparados para novos retos artísticos? COMEZAMOS!!

Durante estas pequenas vacacións descubrín unha web xenial sobre monstros, onde nenos pequenos debuxan os seus propios monstruos e artistas adultos reinterpretan baixo o seu propio estilo eses monstruos. Esta é a web: https://themonsterproject.org/monstergallery2019


A actividade que vos propoño é que debuxedes o voso propio monstro coa técnica ou técnicas que queirades (rotus, acuarelas, lápices, plastilina, collage,...) se queredes, podedes inspiraros no COVID-19 que é o becho feo que non nos deixa sair de casa a xogar e estar cos nosos amigos.
Só tedes que ter coidado nun par de cousas:

1-Debedes usar un folio enteiro, o monstruo que debuxedes debe ocupar todo ese espacio, pero deixando un par de dedos de distancia cos bordes do folio. Esto é importante para os vosos debuxos porque necesitamos eses espazos para que se vexan ben.


2-Cando rematedes o voso monstruo sacaredes unha foto para enviar evidencia da tarefa ao email alumnarte@gmail.com, pero é moi importante que gardedes ben a vosa ilustración, pois cando voltemos á escola faremos un libro para a nosa biblioteca con todos eses monstros.


29 mar 2020

ACTIVIDADE ARTÍSTICA PARA INFANTIL E PRIMARIA, semana 3: actividade única.

Ola rapaciñas/os, que tal imos levando estes días na casa? Espero que todas/os encontredes ben, que é o mais importante, e estedes disfrutando deste tempo tan especial coas vosas familias. 

Para esta semana imos facer algo diferente, xa que é a última antes das vacacións e de que empece o 3º trimestre. Esta semana só faremos unha actividade, imos crear unha radio. Dependendo de cantos alumnas/os participedes poderemos crear un ou varios podcast (programa de radio), o ideal sería que participedes todas/os e así crear un podcast por aula.

A vosa parte consistirá en gravar un audio e envialo ao email alumnarte@gmail.com, e a miña en pegar todos eses audios e facer o podcast. Sempre que sexa posible, o audio gravarase en galego.

¿De que podedes falar? Primeiro de todo tedes que presentarvos, dicir quen sodes e en que curso estades, despois podedes falar sobre:

Mandar saúdos en diferentes linguas (decir cales).
Investigar sobre instrumentos folclóricos e contalo.
Contar cousas bonitas que fixéchedes no cole este trimestre.
Saúdos a compañeiros, amigas/os, mestras/es, familia,...
Contarnos algo do que estades facendo estes días.
Recomendacións de actividades, lecturas, música, receitas,...
Gravarvos tocando algún instrumento ou cantando.
Ler algún poema.
Das actividades que vos apetece facer no próximo trimestre.
Contar algunha adeviña.
Contar que será o primerio que fagades cando voltedes ao cole.
etc.

E por último... non vos esquezades da despedida! ;-)



A NOSA LISTA DE REPRODUCIÓN MUSICAL

Ola rapaciñas/os, por aquí vos deixo a lista de cantigas recomendadas por vós mesmos/as. 

Ir a YouTube


Ir a YouTube


Ir a YouTube


Podedes escoitalas directamente en YouTube cliqueando nos enlaces superiores.

Tamén vos deixo outras recomendacións que fixeron para spotify ou que directamente non se poden anclar a unha lista de reprodución por políticas de YouTube, desta forma aínda que non estén na lista, poderedes escoitalas. 

Saúdos e a disfrutar do traballado. 

INFANTIL

1º, 2º DE PRIMARIA


3º, 4º DE PRIMARIA


5º Y 6º DE PRIMARIA

22 mar 2020

ACTIVIDADES PLÁSTICAS PRIMARIA, semana 2: elexir alomenos unha das seguintes actividades propostas.

O NOSO RETRATO EN COLLAGE
Un collage é unha técnica artística que consiste en pegar diferentes materiales (papel, tea, lentellas, tallarines,...) sobre un soporte que pode ser un folio, unha cartulina, un cartón,...

Para facer o noso retrato en collage segue os seguintes pasos:

1. Reúne todos os materiais que vaiades a utilizar para pegar. 

2. Ten a man pegamento/cola, tesoiras, lápis e goma.

3. Elixe o soporte para facer o voso retrato. Se utilizas cartón, podes pegar un folio branco enriba ou pintalo para darlle un cor diferente ao fondo do retrato.

4. Antes de comezar a pegar debuxa cun lápis o teu retrato, é dicir, debuxa a túa cabeza, pescozo e parte dos ombros. Revisa de que non falten detalles como as orellas, o nariz, as cellas,...

5. Unha vez remates de debuxarte co lápiz podes empezar a pegar. Pensa nos cores, nas formas e nas texturas do teu material, dependendo desto podes decidir onde pode quedar mellor pegar ese material en concreto.

Aquí tedes algúns exemplos:

Pinchar aquí para ir.
Sacade unha foto das vosas creacións e enviádeas ao email alumnarte@gmail.com .



LETTERING OU A ARTE DE DEBUXAR PALABRAS
Elixe algunha das seguintes propostas de abecedario (ou busca ti unha que che guste mais) e debuxa o teu nome seguindo a forma das letras. Podedes utilizar unha folla pautada, cuadriculada ou punteada para que vos sexa mais doado.

Cando remates envía unha foto do traballo ao email alumnarte@gmail.com .