Mentres e para rematar o curso, vos deixo unha serie de suxerencias de actividades para desfrutar e seguir pasandoo ben na casa. NON HAI QUE ENVIAR EVIDENCIAS.
- Xogos de mímica sobre instrumentos musicais: xoga coa túa familia ao xogo de xestos para adiviñar que instrumento estás interpretando! Tamén está permitido imitar os sons! Podedes facer tarxetas con nomes de instrumentos. Outra variación é adiviñar letras de cancións, cantantes…
- “Pictionary” musical: en vez de xestos… debuxos! Adiviñar instrumentos musicais, cancións e todo tipo de cousas que se vos ocorran que teñan que ver coa música. Por certo, cando adiviñes un instrumento podes repasar a que familia pertence:
Percusión: de madeira como as maracas, de metal como o triángulo, ou de parche como a pandeireta.
Corda: fretada como o violín, ou punteada como a guitarra.
Vento: de madeira como o clarinete ou de metal como a trompeta.
Tecla: punteada como o piano, ou de vento como o acordeón.
Eléctricos: como o teclado ou a guitarra eléctrica.
Se non o sabes… investiga!
- Que instrumento soa?: intenta adiviñar que instrumentos soan nas túas cancións favoritas. Escoita con moita atención… Nalgunhas hai moitos instrumentos! Es capaz de escoitalos todos?
- Calidoscopio de mans: aquí tes un vídeo dun calidoscopio feito con mans. Inventa a túa propia coreografía de mans ou xoga coa túa familia. Segue o ritmo dunha canción! O resultado é un efecto óptico máxico!
- O piano xigante: atréveste a debuxar un piano xigante? Así podes cantar mentres tocas este superpiano! Aquí tes un vídeo da canción da “Pantera rosa” e podes ver o chulo que é. Podes colorealo e poñer os nomes das notas musicais nas súas teclas como nesta foto (lembra que a nota do está sempre á esquerda do grupo de dúas teclas negras). As notas musicais son infinitas, tanto ascendente (sons cada vez máis agudos) como descendente (sons cada vez máis graves). Podes facer as series de notas que queiras e facer mooooi largo o teu piano: do-re-mi-fa-sol-la-si-do-re-mi-fa-sol-la-si-do-re-mi-fa-sol-la-si-do-re-mi…
- Música para o relax:
- Música para desfrutar:
VISITAS VIRTUAIS PARA MAIS DE 500 MUSEOS: Google Arts & Culture.
Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira: Altamira dende casa: bisontes para colorear
Museo Arqueolóxico Nacional: Vídeo Animando a historia, Audiovisuais preparatorios sobre as salas del MAN, Obradoiros abertos, obradoiros autónomos, Xoga á historia.
Museo Nacional de Artes Decorativas. Descargables. O museo na casa. Pezas para recortar e decorar: Mancerina e Pajarita.
Museo do Romanticismo: A casa romántica. Xogo recortable
Museo Sorolla. Materiais para pintar e colorear. Pinche aquí e aquí. Para ler. Para ver pinche aquí e aquí
Museo de América. Para disfrutar xogando. Pezas 3D no Museo de América
Museo Cerralbo. Especial familias, kit cerralbiano para peques: Carlino recortable, Quero ser Samurai
Museo Sefardí. Un paseo pola Xudería, Historia do Museo Sefardí, O conto da Raiña Esther, Receta: As orellas de Hamán
Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Actividades #GiraEnTuCasa
Museo Nacional de Antropoloxía. Recortables e cociña antropolóxica
No hay comentarios:
Publicar un comentario